miércoles, 26 de mayo de 2010

Xornadas sobre Muller e Ciencia: A muller na enxeñaría

Xornadas sobre Muller e Ciencia: A muller na enxeñaría
Reivindican a presenza da muller no ámbito das enxeñarías
Aínda que o paso do tempo levou aparellada a progresiva incorporación das mulleres a ámbitos profesionais tradicionalmente masculinizados, o certo é que a presenza feminina segue a ser na actualidade escasa nalgúns campus. É o que sucede, por exemplo, nos estudos que se ofrecen na Escola Politécnica Superior de Esteiro e na Politécnica de Serantes, onde no presente curso o número de alumnas constitúe só o 22% do total de matriculados (399 féminas por 1.775 homes), segundo os datos da propia institución académica. A porcentaxe máis baixa rexístrase na Enxeñaría Técnica de Electricidad, onde as alumnas constitúen o 16% do total (75 de 452), mentres que na especialidade de Electrónica Industrial esta porcentaxe sitúase no 17% (dos 433 alumnos matriculados 76 son mulleres). Na especialidade de Propulsión e Servizos do Buque, dos 156 estudantes, 35 son féminas (o que constitúe o 22%), mentres que en Estruturas Mariñas a presenza feminina é do 30% (44 de 148). Pola súa banda, na Escola Politécnica Superior este curso estudan Enxeñería Industrial 342 alumnos, dos que 106 son mulleres (31%), situándose a porcentaxe no 26% no caso da Enxeñería Naval e Oceánica (63 mulleres por 181 homes -3 por 11 no plan antigo-). Na única enxeñería das impartidas no campus de Ferrol na que o número de alumnas é superior ó do sexo masculino é a de Deseño Industrial, que se imparte na escola universitaria deste mesmo nome. A profesora da Escola Politécnica Superior, Ana Jesús López Díaz, subliñaba onte que precisamente no campus de Ferrol esta tendencia acentúase máis que noutros campus. Xornadas > A profesora foi a coordinadora das Xornadas sobre Muller e Ciencia promovidas pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña e que onte afrontou a súa segunda e principal sesión coa participación de destacadas especialistas de diferentes áreas relacionadas co
Diario de Ferrol Martes 25 de Mayo de 2010

1 comentario:

  1. Penso que actividades deste tipo permiten sacar á luz unha situación que tod@s coñecemos pero que asumimos como algo inevitable. O feito de facela visble e cuantificable obríganos a rebelarnos contra ela para intentar cambiala. Perde ese caracter inmutable.
    Ademáis o feito de xuntarnos con outras mulleres para debatir e intercambiar ideas fainos sentir máis seguras, menos solas na batalla por a igualdade.

    ResponderEliminar