lunes, 20 de septiembre de 2010
Unha exposición na ETSE (USC) amosa o papel da muller na enxeñaría
Dende este luns e ata finais do mes de outubro estará exposta na Escola Técnica Superior de Enxeñaría a exposición ‘O papel da muller na enxeñaría’.
A mostra recolle os pósteres elaborados para a exposición ‘MIT: Mujeres en la Informática y la Telecomunicación’ da Universidade de Granada, ademais do gañador do I Concurso de Pósteres que convocou a ETSE no mes de maio e que gañou o estudante Óscar Pardo Planas.
Trátase de carteis biográficos dedicados a diversas científicas e tecnólogas destacadas na área das Tecnoloxías da Información e Telecomunicación con material gráfico e as súas achegas científicas máis relevantes.
Entre as mulleres representadas na mostra figura Frances Allen, que hai dous anos visitou a USC no marco de ConCiencia, ou Mitchel Baker, promotora de Mozilla -coordinadora do famoso navegador Firefox ou do xestor de correo-e Thunderbird- e do software de fontes abertas
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2010_09/noticia_0074.html
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario